Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

MEXILLÓNS EN TEMPURA, MAIONESA DE SRIRACHA E CREMA SAN GERMAN

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Propoñemos unha receita de Paco Caneda para 8 persoas cun dos nosos produtos estrela: o mexillón.

 

TEMPO DE REALIZACIÓN: 40 min. aprox.

COMENSAIS:  8 persoas



INGREDIENTES:

  • Unha prancha de follado
  • Flores e brotes para decorar


Para os mexillóns en tempura:

· Unha prancha de follado
· 1 Xema de ovo
· 80gr. de fariña de trigo
· 150ml de auga xeada
· Aceite de oliva para fritir


Para a crema San German:

· 1/2kg de chícharos frescos ou conxelados
· Sal e pementa
· Auga con xeo para refrescar


Para a maionesa de sriracha:

· 1/4l de maionesa
· Unhas pingas de limón
· Unhas pingas de sriracha
· Sal e pementa

 

 

 

ELABORACIÓN DA RECEITA:

  1. Estiramos o follado e cortamos en rectángulos do tamaño desexado para formar unha especie de coca, enfornamos ata dourar e que nos quede rinchante.

  2. Escaldamos os chícharos durante 1 minuto en auga fervendo, refrescamos e cortamos a cocción en auga con xeo, trituramos e engadimos unha pouco da auga da cocción, coamos ou pasamos por un chinés e salpimentamos.

  3. Engadimos á maionesa unhas pingas de limón, sal e pementa e unhas pingas de sriracha, mesturamos ben e introducimos nun biberón.

  4. Abrimos os mexillóns ao vapor, retiramos as viandas das cunchas, secamos ben.

  5. Batemos unha xema de ovo e engadimos a auga xeada, seguido da fariña sen bater moito, enfariñamos os mexillóns e pasamos por esta pasta de fritir, douramos en aceite quente.

  6. Servimos sobre o follado a crema San German, encima colocamos os mexillóns e encima destes uns puntos de maionesa de sriracha, decoramos coas flores e os brotes.

 

 

VÍDEO-RECEITA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

_

COMPARTE!